C:\JUAN>
  • Sobre min
  • Experiencia
  • Formación
  • Ferramentas
  • Publicacións
  • Proxectos
  • Blog
  • EN
  • ES
  • GL
  • PT

C:\JUAN\PROJECTS\CYA-ESTADISTICA

Activo Consultoría

C&A Estadística

Período
2024—Actualidade
Función
Análise estatística, programación e desenvolvemento de contidos formativos
Colaboradores
Equipo de C&A Estadística
Temas e ferramentas
Consultoría estatística · Análise de datos · R · SQL · Bioestatística · Formación técnica · Informes reproducibles
Logo de C&A Estadística

Sobre o proxecto

C&A Estadística é unha iniciativa freelance colaborativa orientada á formación técnica e á consultoría estatística. O traballo organízase por proxectos e combina análise de datos, programación, visualización e comunicación de resultados.

O equipo desenvolveu materiais e actividades prácticas para cursos de distintas temáticas técnicas, incluíndo R, SQL e bioestatística. Tamén realizou un proxecto de análise aplicada sobre procesos de incapacidade temporal relacionados coa saúde mental entre persoas traballadoras de Galicia, utilizando datos anonimizados.

Este encargo incluíu a limpeza e integración de datos, a análise descritiva de persoas traballadoras e procesos, o estudo combinado de variables, a elaboración de táboas e visualizacións e a preparación de informes reproducibles.

C&A Estadística continúa como unha colaboración freelance activa e flexible, coa intención de ampliar progresivamente a súa carteira de servizos, publicar casos de estudo anonimizados e crear canles propias de presentación e contacto.

< Volver aos proxectos


[SYSTEM ONLINE] · © 2026 Juan A. Arias · Construída con Hugo + Hugo.386

GitHub · Google Scholar · ORCID