Juan é un neurobiólogo (B.Sc. e M.Sc.) e estadístico (M.Sc.) que forma parte de GRID-BDS (Unidade de Investigación en Bioestatística e Ciencias de Datos Biomédicos da Universidade de Santiago de Compostela) desenvolvendo a súa tese doutoral en métodos estatísticos e aprendizaxe estatístico aplicados ao diagnóstico de enfermidades neurodegenerativas baixo a supervisión de Prof. Pablo Aguiar, Prof. Carmen Cadarso (DEP), e Prof. Andrew H. Kemp. Anteriormente exerceu como Bioestadístico en Biostatech S.L., unha empresa de bioestatística e estatística aplicada. Os intereses de programación de Juan inclúen R, Matlab, Phyton, e LaTeX.
Juan traballou anteriormente como axudante de investigación na Universidade de Swansea, apoiando ao Prof. Andrew H. Kemp na súa investigación sobre os lazos sociais e as súas implicacións coa saúde e a longevidade. Esta colaboración levou á publicación dun capítulo de libro e unha extensa revisión no campo da Neurociencia Afectiva titulada A Neurociencia da Tristeza. Juan tamén traballou como profesor axudante na Universidade de Swansea, como redactor de contido freelance para o Blog EDUopinions, e como bolseiro da oficina de medio ambiente da Universidade da Coruña, entre outros traballos.
Ademais, Juan ten un gran interese pola comunicación científica, presentando o seu propio podcast de humor e ciencia e colaborando con outros proxectos como programas de radio e colectivos de comunicación científica. Para máis información descarga o meu CV completo.
Doutoramento en Neurociencias e Psicoloxía Clínica, 2018-Presente
Universidade de Santiago de Compostela - Unidade de Investigación en Bioestatística e Ciencias de Datos Biomédicos
Mestrado en Técnicas Estatísticas, 2018-2023
Sistema Universitario Galego
Mestrado en Neurociencias e Psicoloxía Clínica, 2015-2016
Sistema Universitario Galego
Grao en Bioloxía, 2011-2015
Universidade da Coruña